sábado, 13 de febrero de 2016



           OS NOSOS XOGOS


           A través destes vídeos os alumnos móstrannos como se practicaban os xogos populares en Cangas
video
video

viernes, 12 de febrero de 2016



          


           EXECUTAMOS OS  XOGOS
           Os nenos/as practicaron os xogos mentres os seus compañeiros/as lles realizan fotografías.







viernes, 29 de enero de 2016

COMO COIDAR DOS NOSOS ESPAZOS NATURAIS

OS NENOS DE 4 ANOS ELABORAMOS UNHA MONTAXE PARA CONCIENCIAR SOBRE O COIDADO E DISFRUTE DOS ESPAZOS NATURAIS DE CANGAS......OLLADE CON ATENCIÓN!!!
video

martes, 26 de enero de 2016

Montaxe compartida

 28 de decembro 2015

Xa sabemos montar co VideoPad! Queremos contarvos como nos organizamos para facelo. Ó principio os nenos que tiñan máis experiencia en montar planos axudábannos ós que aínda non o fixéramos pola nosa conta. Tivemos que tomar decisións entre os dous: que parte do plano seleccionar, gravar o off e decidir onde iría, se tería título ou non, como organizar as carátulas... Traballando entre dous sentímonos ben porque aínda que algúns saben manexar o programa, explícannos pero nos deixan facer.
Deixámosvos aquí os novos planos do mundo que  editamos:
  • O paso do tempo, de Xoel
  • Amencer, de Xaime
  • A última luz do día, de Teo
  • As miñas luces, de Mar
  • A cor do ceo e as formas das nubes, de Lúa
  • Vento e néboa, de Joel
  • Amencer dende a miña ventá, de Adri
O paso do tempo, de Xoel

Amencer, de Xaime

A última luz do día, de Teo

As miñas luces, de Mar

A cor do ceo e as formas das nubes, de Lúa

Vento e néboa, de Joel

Amencer dende a miña ventá, de Adri

O CEIP A Rúa deséxavos un Bo Nadal

24 de decembro de 2015

A todos/as os que compartides connosco o Proxecto Cine en curso queremos desexarvos un Bo Nadal e un apaixonante ano de cine no 2016 que axiña comeza. Os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP A Rúa creamos para vós esta felicitación inspirada nos planos da película Les quatre cents coups de François Truffaut que tivemos a grande oportunidade de ver no festival Novos cinemas en Pontevedra. Esperamos que vos guste! ;-)




Filmando o cotiá

2 de decembro 2015

Estes son algúns máis planos do mundo que gravamos pola nosa conta e montamos no cole xunto cos nosos compañeiros/as. Antes non lle dabamos importancia ao cotiá, ao que vemos cada día: o ceo, as nubes, o mar, a chuvia, a paisaxe... Agora é diferente porque nos gusta observar ao noso arredor e filmar os pequenos detalles.
 Hoxe compartimos con vós:
  •  Amencer, de Xoel 
  •  As nubes de cores, de Sarai
  • Amencer, de Sabela
  • Ceos galegos, de Héctor
  • Noite, de Elia
  • Dende a ventá, de Dani 
  • Nubes e mar, de Anxo
  • Nubes, de Anxo
  • Ondas, gaivotas, vento, de Fabi  

Amencer, de Xoel

As nubes de cores, de Sarai

Amencer, de Sabela

Ceos galegos , de Héctor

Noite, de Elia

Dende a ventá, de Dani

Nubes e mar, de Anxo

Nubes, de Anxo

Ondas, gaivotas, vento, de Fabi

Correspondencia: Os nosos ceos

27 de novembro de 2015

Compañeiros e compañeiras de Bordils:
Fíxonos moita ilusión recibir a vosa primeira correspondencia e, sobre todo, que vos inspirarades nas nosas Nubistas. Nós tamén decidimos filmar nubes para ensinarvos os nosos ceos galegos.
Inspirámonos, coma vós, en “As estacións” de Pelechian. Tamén na correspondencia de Mekas a Guerin, especialmente á hora de poñer o título escrito a man no cartel. Outro cineasta que nos serviu de inspiración foi Benning, en “Ten skies”, onde vimos as cores e como se movían as nubes. E, como non, As Nubistas.
Comezamos filmando nubes e ceos, cada un pola súa conta. Despois visionámolos na clase e decidimos por consenso cales ían formar parte da correspondencia. Cando fixemos a selección, ordenámolos como se fose o transcurso dun día, dende o amencer ata o anoitecer. Tamén acordamos incluír o cartel escrito a man. Finalmente, fixemos a montaxe en gran grupo co VideoPad acompañados polo noso director, Ángel Santos.
Agardamos que vos guste.
Ata pronto!



Diario dos espazos

23 de novembro de 2015

Compartimos con vos a choiva de Amanda, e as nubes de Lena dos seus planos de diarios de espazos.



Plano dende a ventá do noso colexio

30 de outubro de 2015

En grupos de 5, imos buscar un encadre dende unha ventá do colexio para presentarnos.
Teremos en conta:
• Para comunicarnos: establecemos un modo de comunicación silencioso e suave entre os membros do grupo.
• Para decidir que ventá: pensar criterios*, facer probas do que se ve desde esa ventá e pensar se nos interesa.
• Para decidir o encadre: facer probas pensando que quedará dentro, fóra, por que... Todos estamos atentos ó que aparece no visor.
Tiramos fotos dende os encadres acordados. Decidimos o encadre do noso plano.
Finalmente na clase escribimos un off para ese plano.
* Que queremos amosar para presentarnos (algunha visión que sexa particular do CEIP A Rúa). Se vai saír o marco da ventá ou non. A que hora filmar: que luz queremos, se vai soar o timbre, se van haber nenos/as no patio ou non...


Imaxinando o off de "El cielo gira"

26 de outubro de 2015

Esta vez a proposta era diferente á de Pelechian. Visionando o plano do mundo "El cielo gira" de Mercedes Álvarez, en pequenos grupos, tiñamos que imaxinar o off.
Había dúas consignas:
- Escribir unha frase sobre fondo negro.
- Escribir un texto para o audio.

Previamente, escribimos entre todos e todas consellos para facer o off:

Reflexionamos como facer un off
  • Non pode ser moi longo. Debe ser algo resumido.
  • Non pode ser excesivamente breve.
  • Podes falar da situación en que gravaches; lugar, hora, persoa retratada...
  • Soe falar de emocións. Nalgunhas ocasións é frío e distante (como en News from home).
  • Pode falar do/a cineasta na que te inspiraches.

 Aquí recollemos os textos creados:

https://drive.google.com/file/d/0B2OaoXGoQZgzYXNILVIzdWJNR3c/view




Imaxinando os planos do mundo de Pelechian

 26 de outubro 2015

De fondo a música do fragmento de Pelechian. Moitos escoitámola cos ollos pechados, quizais para concentrarnos mellor. Entón, imaxinamos o lugar onde estaría rodado, que tipo de planos formarían a secuencia e como estarían filmados. Fixemos a posta en común. Foi moi enriquecedor: un mesmo off e 25 planos do mundo diferentes. Amanda apuntou que había relación entre o imaxinario de cada quen e a súa personalidade. Curioso! Tra-lo visionado, algúns sentímonos sorprendidos. Gustounos que fose un "Filmador de nubes", como as nosas nubistas.

Imaxinando os planos do mundo de Pelechian
Aquí podedes ver os planos do mundo que cada quen imaxinou:

https://drive.google.com/file/d/0B2OaoXGoQZgzVmxJVGVad016b2M/view

Reflexións sobre "Les 400 coups" de Truffaut

28 de decembro de 2015

Tra-lo visionado da película de François Truffaut "Les 400 coups" no Festival "Novos cinemas", realizamos distintas actividades:
- Comentamos as nosas impresións, facendo especial fincapé nos aspectos cinematográficos. Para o cal, volvemos ver fragmentos da película.
- Lemos os comentarios que fixeron os nosos compañeiros de Bordils, que nos pareceron moi interesantes.
- Debuxamos un plano significativo para nós. Con todos eles elaboramos un pequeno libro e un cartel.

Estas son as nosas reflexións:

 https://drive.google.com/file/d/0B2OaoXGoQZgzRmpwU21NQ0ZLT0E/view