martes, 30 de junio de 2015

Buscando tesouros de Oli

Este curso embarcámonos nunha gran viaxe. Fixemos varias rutas para descubrir lugares impresionantes.....Os nenos de Infantil atracamos os nosos barcos na ría para poder coñecer a un escritor da nosa vila de Cangas....OLI. Decidimos ir buscar os seus libros á nosa Biblio. Realizamos varias actividades relacionadas cos seus contos (actividade que se pode ver nunha entrada anterior neste mismo blog).

Como lles gustou tanto o PIRATA PATA DE LATA, non dubidamos en poñer pano na cabeza e con gañas de buscar tesouros, organizamos un xogo de busca de tesouros coa axuda da nosa mestra de psicomotricidade convertimos o ximnasio nunha ruta moi aventureira, na que cada tripulación debería ir na procura dos tesouros de OLI.

De estación en estación, entonando a  nosa canción  favorita TODOS SOMOS CAPITÁNS, do conto A Nena e o grilo nun barquiño de Magín Blanco, realizamos  a seguinte ruta... OLLADE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario